O ChatGPT será un dos temas a tratar na primeira NerdNite do ano luns, 5 de febreiro do 2024A figura da pedagoga e humanista María de Maeztu, a aplicación de Intelixencia Artificial ChatGPT, así como o vínculo entre arqueoloxía, nómades e o comercio no Índico serán os contidos que integren a primeira NerdNite de 2024, ciclo de sesións divulgativas informais impulsado pola Universidade de Santiago.
A sesión desenvolverase na Nave de Vidán (Santiago) o vindeiro 7 de febreiro, ás 20.30 horas.
Pola súa parte, Aldán Creo Mariño, especialista en Intelixencia Artificial en Accenture Labs Dublin abordará Como usar ChatGPT sen que te pillen.
Finalmente, o especialista en arqueoloxía islámica do INCIPIT-CSIC, José Cristóbal Carvajal López, pronunciará a charla Simbad O Mariño vai á aldea da súa avoa (sobre arqueoloxía, nómades e comercio no Índico).
As Nerd Nites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo.
Fecha de la noticia